Menú principal

contador de visitas

300250
hoyhoy49
ayerayer333
esta semanaesta semana737
este meseste mes4181
todos los dias todos los dias 300250

clima en betanzos

busqueda articulos

SORTEO PERMISOS DE PESCA PARA O COTO DE ARANGA

SORTEO DOS PERMISOS DE PESCA PARA O COTO DE ARANGA

        So si pasa a Comunidade Autónoma de Galicia a fase 1 decretada no estado de alarma. O luns día 11, de maio, do 2020, ás 21:00 horas, farase na sede da Sociedade, via telefonica o sorteo dos permisos de pesca para o coto de Aranga, para tódolos dias aviles de pesca do mes de maio.

         Os Socios/as que queiran particiar, no sorteo, teñen que chamar durante tóda-a tarde o telefono     nº 621231107, ou mandar tódo os datos requeridos por WatsApp ó nº de telefono 662030702, antes das 21:00 horas do luns día 11 de maio.

Ollo é importante, antes de chamar por teléfono, ter tódolos datos que se requiren, anotados nun papel,   para porder dalos no menor tempo posible en cada chamada e así poder atender tódas-as chamadas.     

         Cando un membro da Directiva nos colla o telefono nos vai pedir: o nome o número do documento nacional de identidade e tamén nos pedira que ñe digamos seis ( 6 ) dias ós que quere ir pescar, do mes de maio, por orden de prioridade e se queren utilizar preferente.

Unha vez concluido o sorteo, colgarase na paxina web da Sociedade a lista dos Socios/as, co día ou dias, ós que tocouñes permiso para ir pescar o coto de Aranga.

         O día 12 de maio, poden recoller os pescadores/as, pola tarde entre ás 18:00 e ás 20:00 horas, os permisos na sede da Sociedade en Chelo. E ó Socio/a que vaia pescar o dia 12 pode pedir por teléfono que lle mandemos unha foto do permiso para ese día por WatsApp ou correo web, esta foto pode non ter validez para algún axente da autoridade.

         TODOS OS SOCIOS/AS A HORA DE IR RECOLLER OS PERMISOS DEVEN IR PROVISTOS DE MATERIAL PREVENTIVO E HIXIENICO RECOMENDADO POLAS AUTORIDADES SANITARIAS.

         No caso de que a Comunidade Autónoma de Galicia non pase a fase 1 e continue na fase 0, Os permisos de toda-a semana do 11 ao 17 quedan depositados no concello de Aranga a sisposición dos Socios/as

Grazas por vosa paciencia e pedir disculpas de ante man polos erros cometidos e que poidamos cometer o ser unha Directiva nova e sen experiencia para estes casos.

        

Escribir un comentario

Código de seguridad
Refescar